Ir al contenido principal

Benvida a un novo curso

Mañá mércores día 2 de outubro,  ás 19:00h. o CL Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober inicia un novo curso.

Dende a biblioteca queremos animarvos a participar nas reunións semanais dos mércores, entre as 19:00 e as 20:00h. 

Seguiremos coa nosa dinámica habitual coa  lectura dunha novela ao mes 
( facilitada pola biblioteca )  e actividades complementarias : encontros con autores, películas e viaxes culturais.  O libro sempre é un  punto de partida para coñecer lugares,  as vidas de personaxes...   A biblioteca se converte nun lugar para persoas con inquietudes culturais diversas  unidas polo placer da lectura. 
Esperámosvos   aos veteranos e veteranas do CL Pintor de Castinande e a todas as novas incorporacións que se acheguen ata a nosa biblioteca.


Este mércores temos un inicio de curso moi interesante pois fomos invitados a inauguración dunha exposición que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de Sober durante todo o mes de outubro.


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán