O CL Pintor de Castinande estrea unha actividade grazas a estupenda proposta que nos fixo MONCHA PRIETO. Unha vez ao mes adicaremos un ratiño do noso encontro semanal para coñecer a orixe de cancións populares, que moitas veces non sabemos de onde proceden senda a maioría obra dos nosos autores. E , por suposto, tamén escoitaremos a música e as cancións. A primeira en escoitar foi LELA : É un poema escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao , para a obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse" que se estreou en Santiago o 25 de maio de 1961 , na Praza da Quintana : Están as nubes chorando por un amor que morréu están as rúas molladas de tanto como chovéu. Lela, Lela, Leliña por quen eu morro quero mirarme nas meniñas dos teus ollos. Non me deixes e ten compasión de min. Sen tí non podo, sen tí non podo vivir. Dame alento cas túas palabras, dame celme do teu corazón, dame lume c...