Ir al contenido principal

CL-Como nacen as cancións

  O mércores día 5, os integrantes do  Club de Lectura Pintor de Castinande coñeceron a orixe doutra cantiga popular : o poema Cantiga, orixinal de Manuel Curros Enríquez, con data 5 de xuño de 1869, está  lixeiramente modificada para facer a versión da popular  canción :

UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO

Unha noite na eira do trigo
Ó reflexo do branco luar
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés dun ingrato galán

I a coitada entre queixas decía
Xa no mundo non teño a ninguén
Vou morrer e non ven os meus ollos
Os olliños do meu doce ben

Os seus ecos de melancolía
Camiñaban nas alas do vento
I o lamento repetía
Vou morrer e non ven o meu ben

Lonxe dela de pé sobre a popa
Dun aleve negreiro vapor
Emigrado camiño de américa
Vai o probe e infeliz amador

I ó mirar as xentís anduriñas
Cara a terra que deixa cruzar
Quen pudera dar volta pensaba
Quen pudera convosco voar

Mais as aves e o buque fuxían
Sin ouvir seus amargos lamentos
Solo os ventos repetían
Quen pudera connosco voar

Noites craras de aromas e lúa
Desde entón que tristeza en vós hai
Pros que viron chorar unha nena
Pros que viron un barco marchar

Dun amor celestial verdadeiro
Quedou solo de bágoas a proba
Unha cova nun outeiro
I un cadavre no fondo do mar

(Repectamos a ortografía orixinal)

 O poema foi escrito por Curros cando tiña 17 anos, na residencia de estudiantes de Madrid. Orixinalmente levaba o título de CANTIGA, logo no xardín unha noite sentado e rematou sendo unha noite na eira do trigo.


Está recollida no libro "Aires da miña terra" (1880), sendo moi significativo porque foi o primeiro que escribía na súa lingua materna. Fai patente o drama da emigración, que separaba familias, amigos e amores.

A primeira versión musical foi composta por un compañeiro de estudos do autor, Alonso Salgado, que o acompañaba coa guitarra.
Juan Montes fixo outra versión para voz e piano.
José Castro, Chané,  emigrado en Cuba e amigo persoal de Curros, fixo a música que chegou ata os nosos días.

Cantárona moitas voces : 

Os tres soles-Os Satélites-Os Trovadores

Rosa Cedrón-Cristina Pato https://www.youtube.com/watch?v=Ol7QmB7I7Lk





Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova, Ourense, o 15 de setembro de 1851.Xunto con Rosalía e Pondal foron os piares fundamentais do chamado rexurdimento galego. 

Deixou a casa paterna aos 15 anos para estudar dereito en Madrid. En 1891 emigrou a Cuba. Finou o 7 de marzo de 1908 e agora repousa no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Obras máis importantes :
Cartas del Norte / A Virxe do Cristal
Aires da miña terra / O divino sainete

Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro