Ir al contenido principal

CL-Como nacen as cancións


Para agasallar a Rosalía de Castro, o CL Pintor de Castinande, adica esta sección a coñecer algún dos poemas desta poeta galega.

Escollemos poemas musicados por Amancio Prada , que dixo de Rosalia 
en 1994 : 
" Rosalía de Castro é un dos raros poetas que tivo a sorte de transcenderse a si mesmo. O pobo, a xente,  fixo súas as poesías, do mesmo xeito que Rosalía, fixera os seus versos de coplas populares, tomándoos como motivo de inspiración e punto de partida. Un proceso de influencia recíproca "

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiros,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar, mórrome de soidades.

A xustiza Pola Man
Aqués que ten fama d´honrados na vila
Roubáronme tanta brancura que eu tiña ;
Nin pedra deixaron en dond´eu vivira.
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas.
Ó raso coas lebres durmín nas campías;
Meus fillos ! meus anxos ! Que tant´eu quería,
Morreron ! Morreron coa fame que tiñan !
Fixeronm´un leito de toxos e silvas.
Salvademe, ouh xueces! Berrei... Tolería! 
De min se mofaron, vendeum´a xustiza.
Entonces, cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño, ne ´as herbas sentian,
I a lúa escondiase, i a fera durmia.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, dun soi! Diexeinos sen vida.
I entonces, entonces, compreuse a xustiza :
Eu, neles ; i as leises , na man qu´os ferira.





Rosalía por Luis Sellier, fins dos 70 ou principios do 80 do século XIX. (A Coruña).
 Colección da RAG
Nace en Santiago de Compostela en 1837. A nai era María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, de familia fidalga vida a menos. Seu pai,don José Martínez Viojo, era cura. Non puido recoñecer á filla, aínda que parece que se interesou por ela e encargoulle ás súas irmás que a coidasen. Podemos imaxinar a vergonza que supuxo aquel nacemento "sacrílego" na familia materna.
Foron as tías paternas de Rosalía as que se fixeron cargo da nena nos primeiros anos. Levárona a vivir a Ortoño na casa familiar chamada "Casa do Castro " e despois a Padrón.
Casa no ano 1858 con Manuel Murguía, escritor, historiador , creador da Real Academia Galega.
Rosalía escribiu nunha época en que iso era só privilexio dos homes. Foi unha figura imprescindible no Rexurdimento da lingua galega, xunto con Curros e Ponda.
As obras máis importantes son : CANTARES GALEGOS(1863), FOLLAS NOVAS  (1880), e en castelán EN LA ORILLAS DEL SAR(1884).
Morre en Padrón no 1885 a causa dun cancro de útero. O último que dixo foi " Abre esa ventana , que quero ver o mar" .



Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro