Recordamos neste momento tan especial que estamos vivindo, cando hai xa case catro anos que o CL Pintor de Castinande tivo a oportunidade de ler a novela A flor de piel , de Javier Moro. Foi unha lectura importante, coma todas, máis nesta tivemos a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un maior numero de vítimas, a viruela . A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis ( o seu apelido da nome hoxe a operación contra o COVID-19 que se está a realizar dende o goberno central de España) . Xunto a este médico destaca tamén a figura de Isabel Zendal , reitora da inclusa de A Coruña , e colaboradora fundamental na expansión da vacina da viruela polo mundo. Facemos hoxe tres recomendacións lectoras , rela...