Para as bibliotecas e os seus usuarios, hai datas no ano moi especiais, e o día 23 de abril, DÍA DO LIBRO , destaca para todos e todas as lectoras coma un día , si queremos , o máis importante : recibimos un libro de agasallo, ou dous... Realizamos unha visita á nosa biblioteca habitual e participamos nas diferentes actividades que se programan para este día. Este ano 2020 estamos na casa, pero tamén cós nosos libros, os que levamos en préstamo, e non devolvemos ( de momento ) , cós libros da nosa propiedade e tamén cunha oferta de editoriais e autores na internet, que nos axuda a substituir o feito que a biblioteca está pechada. Na BPM de Sober tiñamos preparadas a nosa proposta para que todos os usuarios e usuarias participáramos nas diversas actividades do mes de abril, mes dos libros. Coma esto nos foi posible trasladamos a convocatoria as casas dos lectores e aquí vos deixamos unha pequena mostra do que nos enviaron agardando pod...