Ir al contenido principal

Día do libro 2020

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril.

 A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega,  fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo,  irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.

En España neste  dia faise entrega do Premio Cervantes de Literatura, que este ano correspondeu a Joan Magarit, poeta, arquitecto e catedrático catalán.
 (Fonte: Galipedia )

  A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.


Este 23 de abril estamos nas casas e o  Ministerio de Cultura y Deporte a través da Dirección General del Libro iniciou unha campaña en Twitter  na que nos convida   a publicar unha fotografía nas redes sociais compartindo o recuncho de lectura, estes días máis que nunca, da nosa casa


Podemos participar con :

 @librolecturagob      #RincónDeLectura     #DíaDelLibro


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán