Ir al contenido principal

Coñece o teu concello : TODOS E TODAS A BORDO !

👦👧👦👧
                     Actividades na 3ª semana do Campamento de verán en Sober

( 14,15 e 16 de xullo 2020 )

Lectura do conto SÓ UN RELOXO , unha  preciosa fábula, narrada por Roberto Aliaga e ilustrada por Amrei Fiedler :

Marmota recibe como regalo de aniversario un reloxo. Pode parecer un obxecto sen importancia, polo menos para Pega. Pero Marmota demostrará con grande intelixencia que o seu reloxo non é só un reloxo.

Basado na historia  que acababan de ler ,  os nenos e nenas realizaron un Playcomic na aula de informática :


Asi de felices estaban cos seus traballos :

 
Teatro de  sombras : Elefantes/as do presente :
Os/as participantes neste campamento realizan a primeira das actividades programadas polo noso concello  e  financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

 Este obradoiro foi impartido por Selene Arias Sáez, Educadora Social, que está xestionando as actividades previstas en materia de igualdade no Concello de Sober.


Os nenos e as nenas realizaron un teatro de sombras a partir da lectura dos contos : Elmer e Rosa Caramelo, elaboraron as figuras e representaron os contos.

Todo un éxito



✅ A excursión semanal levounos ata o embarcadoiro dos Chancís para recorrer esta zona tan fermosa  do río Sil  e que os nenos e as nenas poideron coñecer en profundidade grazas as explicacións de Alejandro Vieitez, o noso capitán .


Rematamos esta semana coñecendo algo máis do territorio no que vivimos, no Concello de Sober.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán