O CL Pintor de Castinande inicia este curso coa lectura desta novela, escrita por Emilia Pardo Bazán e publicada por primeira vez en 1886. Argumento : ( fonte gl. Wikipedia ) O sacerdote Julián Álvarez diríxese aos Pazos de Ulloa para servir ao Marqués Don Pedro Moscoso como administrador. Nada máis chegar aos Pazos, situados nunha zona rural de Galicia, o sacerdote escandalízase polo decadente estado do pazo e o comportamento de Don Pedro e os seus empregados. Don Julián aconsella a Don Pedro que cambie de comportamento e de sociedade, e o convence de que marche con el a Santiago de Compostela e busque esposa entre as súas curmás casadeiras. Elixe como esposa a Nucha e con ela regresa ao pazo, xa embarazada dunha nena. Don Pedro amósase desgustado cando nace a súa filla, incomódase polo sexo do bebé, e aos poucos vaise distanciando da súa esposa. Nucha entabla unha relación de amizade con Julián e pídelle que lle axude...