Ir al contenido principal

CL-Los pazos de Ulloa



 

O CL Pintor de Castinande inicia este curso coa lectura desta novela,  escrita por Emilia Pardo Bazán e publicada por primeira vez en 1886. 

Imaxe na que se ve a portada do libro Los Pazos de Ulloa
Argumento : ( fonte gl. Wikipedia )

  O sacerdote Julián Álvarez diríxese aos Pazos de Ulloa para servir ao Marqués Don Pedro Moscoso como administrador.  Nada máis chegar aos Pazos, situados nunha zona rural de Galicia,  o sacerdote escandalízase polo decadente estado do pazo e o comportamento de Don Pedro e os seus empregados. 

 Don Julián aconsella a Don Pedro que cambie de comportamento e de sociedade, e o convence de que marche con el a Santiago de Compostela e busque esposa entre as súas curmás casadeiras. Elixe como esposa a Nucha e con ela regresa ao pazo, xa embarazada dunha nena. Don Pedro amósase desgustado cando nace a súa filla, incomódase polo sexo do bebé,  e aos poucos vaise distanciando da súa esposa. 

Nucha entabla unha relación de amizade con Julián e pídelle que lle axude a escapar coa súa filla a Santiago a casa do seu pai, xa que teme pola vida da nena se  ela morre, pois Manolita é a única herdeira lexítima de Don Pedro se non temos en conta ao  neno bastardo Perucho. 

No epílogo, relátase a volta de Julián, o sacerdote, dez anos despois aos Pazos, onde visita a tumba de Nucha, falecida seis meses despois da súa marcha. De camiño ao palacio descobre a dous nenos, un vestido con elegantes roupaxes , Perucho e outra con roupa campesiña, Manuela.

 

  Los Pazos de Ulloa é unha novela na que se describe a sociedade galega na época do antigo réxime.  Enmarcada na corrente naturalista ,  esta  novela presenta tamén elementos da novela realista e mesmo gótica. Trata o tema do mundo rural. o caciquismo, as clases sociais...

A autora : EMILIA PARDO BAZÁN está considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxes, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.( fonte : Biblioteca virtual Miguel de Cervantes)

 

O CL da  BPM de Sober  continúa co seu ritmo de lectura , un libro mensual, , pero agora non  temos reunións presenciais na biblioteca. Por  mor da pandemia. levamos os libros para casa e facemos os comentarios a través do teléfono e  por whatsapp. Agardamos poder reencontrarnos moi pronto na biblioteca coas nosas lecturas arredor da nosa mesa. 








 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán  

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.