Comezamos o ano 2021 coa lectura da novela " Corazón de paloma" de Antón Borrallo. Nas páxinas deste libro o autor mostra un cadro da sociedade galega no medio rural no século XX, xusto ao remate da Guerra Civil en España. A acción discurre na aldea imaxinaria de Matamara, onde vive Hipólito coa súa familia, composta pola pai, e os seus irmás. Ten 4 anos e comeza a narración contando como foi o enterro da súa nai. Xa nese primeiro episodio coñecemos a personalidade do cabeza de familia. É despótico con todos e dunha maneira especial cos seus fillos. Esta é unha historia dura e triste como parece que era o tempo de infancia, adolescencia e mocidade que lle tocou vivir ao protagonista. A novela fainos pensar na influencia que en todos ten a educación recibida nos primeiros anos das nosas vidas, e como condiciona o noso futuro. O autor : Antón Borrallo , natural de A Coruña, acaba os seus estudos e trasládase a París. Alí traball...