


En primeiro lugar, difundirase un poema creado a partir de diversos textos de Rosalía para público infantil. Irase subindo á rede en forma de diferentes estrofas. O día 24, efeméride oficial de Rosalía, publicarase o poema completo.
Ao mesmo tempo, desde as redes da biblioteca vaise lanzar un pequeno reto para todos os públicos. Trátase de descubrir os textos dos que foron tomadas cada unha destas estrofas. Para iso pódense consultar os exemplares dispoñibles na biblioteca, ou ben indagar a través de internet.
Os obxectivos deste xogo son promover o coñecemento da obra rosaliana e volver atraer público ás instalacións culturais.
Por outra parte, fronte a imposibilidade do encontro, clave no teatro como en moitas manifestacións culturais, decidiron levar a interpretación ao eido dixital. Así, lanzan un segundo reto: que as persoas fagan a súa propia interpretación duns versos, escollidos polo equipo organizador, que se publicarán nos vindeiros días.

O prazo de entrega e publicación, a través das RRSS municipais, comprende toda a semana vindeira. Todas as achegas son válidas e serán gratamente benvidas.

A finalidade desta proposta é integrar a poesía na realidade cotiá. Tamén poñer en valor a creatividade cidadá e celebrar a cultura en todas as súas formas e dimensións.
Comentarios
Publicar un comentario