Moncha Prieto, natural da parroquia de Gundivós (Sober) e integrante do CL Pintor de Castinande da nosa biblioteca , acaba de publicar a súa primeira obra, "Alma de Barro : relatos da Ribeira Sacra". Foi publicado por Ed. Xerais de Galicia , prologado polo escritor e profesor Basilio Losada, e cunha introducción de Luís Fdez. Guitián, alcalde de Sober. Esta é a súa primeira obra en solitario, aínda que anteriormente colaborou en varios libros colectivos e revistas literarias. En palabras da autora, os relatos deste libro están baseados en feitos reais que aconteceron en diversos lugares da Ribeira Sacra. Son dezaoito historias situadas principalmente no pasado, historias da xente común que xa podemos atopar na biblioteca na sección de novela en galego. NORABOA MONCHA. Agardamos poder realizar moi pronto a presentación do teu libro na biblioteca de Sober con todos os integrantes do CL. Moncha Prieto asinou o seu libro de relatos o Día 17 de maio, Le...