Ir al contenido principal

XELA ARIAS : Letras Galegas 2021

 


Nas Merendas con Contos deste mes de maio os nenos e nenas participantes nesta actividade  coñeceron a figura da escritora Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das nosas Letras. 

Elaboraron unha pequena biografía a partir dos textos que atoparon na web https://primaveradasletras.gal/, que repartiron entre os veciños de Sober có fin de dar a coñecer a Xela e a súa obra. 

 

Os seus poemas  aparecen decorando unha árbore na entrada da biblioteca. Pequenas estrofas da obra de Xela Arias foron escritas polos usuarios máis cativos e decoradas con fermosos debuxos. 

Esta foi a homenaxe dos nenos e nenas da biblioteca de Sober para unha escritora que dende agora xa forma parte da nosa colección bibliográfica.
 


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán