Actividades realizadas na 3ª semana do campamento de verán "Coñece o teu concello" ✅ Comezamos esta nova semana coa lectura de dous contos kamishibai : "El secreto de la montaña" e "Ioga kamishibai" ; no primeiro descubrimos o segredo de Andrés e do seu pai, nunha cova chea de letras moi fermosas que están alí agochadas hai moito tempo . Un conto que nos fala da importancia de expresar as nosas emocións. Remata a mañá do día 20 de xullo coa elaboración de pulseiras, chapas... , un obradoiro divertido e con moita creatividade. ✅ A excursión desta semana fixémola pola parroquia de Bolmente. Visitamos o observatorio de aves e o mirador de Boqueiriño, e coñecemos o aloxamento turístico "Apartamentos Río Sil " de Susana "DEIXA O TEU MÓBIL E DEBUXA", dentro da programación deanimación á lectura do Concello de Sober en colaboración coa consellería de Cultura da Xunta de Galicia, no programa : Obradoiro de viñetas e humor gráfico a cargo de ...