Actividades realizadas na 1ª semana ( 6, 7 e 8 de xullo ) do V Campamento "Coñece o teu concello"
✅ Inauguración da esxposición de fotografía "EQUUS" de Tamara Lebón : contamos coa participación da autora que atendeu as preguntas dos nenos e das nenas.
Consta esta exposición dun conxunto de 20 fotografías que teñen como protagonistas aos cabalos, retratados sós ou cos seus coidadores. Fotos feitas con moito amor e sentimento.
Permanecerá exposta na biblioteca durante todo o mes de xulllo.
Paula Vázquez Verao, da Asociación cultural O Colado do Vento, realizou un obradoiro a partir da unidade didáctica editada recentemente por este colectivo. Traballou cos nenos e as nenas en relación as distintas festas que teñen lugar no concello de Sober ao longo do ano, facendo fincapé nos oficios e traballos que se realizan ou realizaron neste territorio.
✅ A excursión desta semana levounos a coñecer a parroquia de Lobios.
Visitamos un petroglifo, chamado "A pena do lagarto" pola forma que ten esta rocha, onde os participantes tiveron que atopar as marcas que están neste lugar ( coviñas...)
![]() |
Visita ao petroglifo chamado "A pena do lagarto" |
No Miradoiro de Santiorxo descubrimos fermosas paisaxes e para rematar a mañá estivemos na Igrexa románica de Lobios, onde admiramos as pinturas manieristas que decoran a nave principal e que foron restauradas recentemente.
![]() |
Visita ao miradoiro de Santiorxo |
Participantes no campamento consultan información da igrexa románica de S. Xulián de Lobios.
✅Para rematar a primeira semana tivemos como invitada a Arantxa Vidal, psicóloga da ACC, que realizou un obradoiro sobre alimentación saudable, con degustación de petiscos elaborados polos nenos e as nenas asistentes.
Obradoiro de petiscos saudables
Comentarios
Publicar un comentario