✅A proposta de actividades nesta última semana do campamento da biblioteca estivo centrada no xogo a partir do libro "Bo camiño peregrino " , unha proposta para percorrer o camiño francés a Compostela, con xogos e diversas probas de habilidade que os nenos e nenas tiveron que realizar para superar as etapas do camiño e acadar a Compostelana, xa en Santiago. ✅Rematamos o día 5 de agosto unha nova edición do campamento de verán "Coñece o teu concello". Este último día aprendimos a importancia de protexernos dos efectos do sol, principalmente agora no tempo de verán ; Arantxa Vidal, da Asociación do cancro de Lugo, falounos das mellores formas de disfrutar do bo tempo, sempre con moito coidado, evitando excesos e utilizando protección adecuada. Grazas a Arantxa por vir a Sober. Foron cinco semanas con xogos , lecturas e visitas a lugares próximos, para coñecer un pouco mellor o territorio no que vivimos. Esta mañá , Luis Fdez. Guitián, o alcalde, a...