Ir al contenido principal

Coñece o teu concello : A BEREA

✅A proposta de actividades  nesta última semana do campamento da biblioteca estivo centrada no xogo a partir do libro  "Bo camiño peregrino " , unha proposta para percorrer o camiño francés a Compostela, con xogos e diversas probas de habilidade que os nenos e nenas tiveron que realizar para superar as etapas do camiño e acadar a Compostelana, xa en Santiago. 







✅Rematamos o día 5 de agosto  unha nova edición do campamento de verán "Coñece o teu concello".

Este último día aprendimos a importancia de protexernos dos efectos do sol, principalmente agora no tempo de verán ; Arantxa Vidal, da Asociación do cancro de Lugo, falounos das mellores formas de disfrutar do bo tempo, sempre con moito coidado, evitando excesos e utilizando protección adecuada. Grazas a Arantxa por vir a Sober. 



Foron cinco semanas  con xogos , lecturas e visitas a lugares próximos, para coñecer un pouco mellor o territorio no que vivimos. 

Esta mañá , Luis Fdez. Guitián, o alcalde, acompañounos na entrega de diplomas e agasallos.


 

Grazas a todos e feliz verán ¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán