Ir al contenido principal

Encontro coa autora : Eleonor Gil

 

As participantes no programa de animación sociocultural  para maiores, O Eirado das Letras, reuníronse o martes 25 de xaneiro para realizar unha videoconferencia coa escritora Eleonor Gil, autora da novela "La hora de las golondrinas"

 A trama : Alicia, a protagonista, descubre o que aconteceu setenta anos atrás nunha aldea de Galicia, concretamente en Hortás (Sober)  ;  é unha fermosa historia de amor entre Rosa, una moza de Vila de Cruces e Albretch, un piloto alemán que chega a Galicia na procura de wolframio.

A autora : Eleonor Gil nace en Madrid, na primavera do ano 1.972.  Exerceu durante anos traballos administrativos, e despois de auxiliar de óptica ; con todo as súas dúas grandes paixóns sempre foron, ademais de viaxar, a música e a literatura. 

Escribe por afección e por pura paixón. En 2017 publicou a súa primeira novela “Pegadas”, “A hora das andoriñas” é a súa segunda novela e recentemente publica a terceira,  "Huellas".

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán