Ir al contenido principal

CL - La tribuna, de Emilia Pardo Bazán

 Una lectura clásica foi a escollida no primeiro trimestre do ano polas integrantes do noso CL.

A autora, Emilia Pardo Bazán, definiu LA TRIBUNA, como un estudo de costumes locais. Narra a historia de Amparo, unha humilde cigarrera de Marineda ( cidade que se identifica con A Coruña ) , que mobiliza ás súas compañeiras da fábrica onde traballan para esixir mellores condicións laborais.


 

A Tribuna publícase en 1883. É a terceira novela da autora galega e a primeira de estética naturalista. Segundo este movemento , a novela é un estudo social, psicolóxico e histórico que aplica as técnicas de observación e análise propias da ciencia para lograr un reflexo máis exacto da realidade.

No ano 2021 celebrouse  o centenario do falecemento dunha das nosas grandes figuras literarias, Emilia Pardo Bazán, feminista comprometida e gran defensora os dereitos da muller tanto nas súas actuacións públicas como nas obras, nas que tamén apoia a súa instrución educativa. O CL Pintor de Castinande quixo coñecer a obra da autora e o seu estilo coa lectura desta estupenda  novela coa que disfrutamos lendo na casa máis tamén coa lectura en voz alta de determinados capítulos.  

As bibliotecas municipais de A Coruña fixeron un vídeo documental sobre a fábrica de tabaco e as cigarreiras da cidade , que narra a historia deste importante complexo fabril. Podemos disfrutarlo no seguinte enlace :

https://youtu.be/t94DbEvbfEo


 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán