Ir al contenido principal

CL infantil Viaxando polas Letras

 

Para rematar as sesións deste curso  no CL infantil do Colexio de Sober, a lectura escollida foi este libro de Teresa Benéitez , ilustrado por Flavia Zorrilla.

 O libro relata dunha forma rigorosa e entretida as peripecias que tiveron algúns dos principais produtos da alimentación humana: o trigo, o arroz, o millo, a pataca... Alimentos que foron levados a América e tamén os que trouxeron dese continente despois das expedicións dos países europeos. 

Como actividades complementaria á lectura, fixemos unha visita a Escola de Hostelería de Rosende, Sober, onde David Cidre e os seus alumnos ensinaron aos nenos e nenas a elaboración de ricas galletas. 




Moitas gracias por recibirnos e atendernos tan ben.


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán