Un ano máis a BPM de Sober é unha das bibliotecas premiadas no concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner, convocado polo Ministerio de Cultura e Deporte para municipios de menos de 50.000hb. O concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías. Os 360 beneficiarios deste premio recibimos unha axuda por importe de 2.777,77€ destinados á compra de libros. No seguinte enlace temos o listado de premiados por CCAA neste ano 2022 : https://forum.wordreference.com/threads/la-leche-se-cort%C3%B3.1992537/ Este premio é para todos os usuari@s da bpm de Sober. Grazas a vós e a vosa implicación podemos levar a cabo o proxecto de animación á lectura que presentamos neste certame. #sober coa lectura #sobercoacultura #merendascon contos #clubde...