Ir al contenido principal

Coñece o teu concello : campamento de verán

 Entre os días 4 de xullo e  durante cinco semanas , ata o 4 de agosto, realizamos  o campamento de verán para nenos e nenas entre os catro e os doce anos, que chega xa a súa 6ªedición.

As actividades teñen lugar de luns a xoves entre as 10:30 e as 13:30. Na presente edición destacamos as actividades de iniciación a diferentes deportes, excursións e visitas a lugares do concello de Sober e coma sempre as visitas semanais á biblioteca, para coñecer as novas lecturas incorporadas a nosa colección infantil-xuvenil, facer novos soci@s e facer préstamos aos interesados en levar lecturas para a súa casa. 









Durante este tempo de verán a excursión ata o río Sil  desperta sempre expectación e balbordo entre os pequenos participantes.  Na visita á Casa da Fonte, guiada polo titular da explotación gandeira, Xosé García Freire, contounos a composición do rabaño actual enfocado sobre todo á producción  do leite e  derivados : queixo, iogures...






                                                                   Navegación en kayac polo río Sil.

Como novidade este ano  fixemos unha noite de acampada nas instalacións das piscinas municipais e como colofón na última mañá houbo  xogos para toda a familia , merenda de despedida e entrega de diplomas por parte do Alcalde de Sober Luis Fdez. Guitián. 



Rematamos o campamento de verán "Coñece o teu Concello" 
agardando que fose do agrado dos nenos , nenas e as súas familias
e desexando un moi bo verán para tod@s.



Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán