Ir al contenido principal

Presentación de GOTAS DE ESPERANZA

O martes día 15 de novembro  na bpm de Sober tivemos a presentación da última novela do monfortino FERNANDO HERNÁNDEZ GONZÁLEZ.

Nacido no ano 1969 na capital da Ribeira Sacra, desenrola a súa actividade profesional no Barco de Valdeorras, onde traballa como Policía Local dende hai case 30 anos.
É Graduado en Criminoloxía polas Universidades de Santiago de Compostela e Salamanca.
A súa pasión pola lectura e a escritura lévano  a publicar a súa primeira novela, JUGUETES DE LO DESCONOCIDO.
No ano 2020 presentou unha nova obra GOTAS DE ESPERANZA, que debido á pandemia mundial, non tiveramos ocasión de presentar en Sober ata o de agora. 



A historia que relata está ambientada en Galicia, cun especial protagonismo no nosa Comarca de Lemos.
A novela ten un forte contido social, e a súa protagonista, Marga Botana, unha funcionaria dos xulgados da Coruña, vese involucrada, en situacións complicadas e que mudan o ritmo da súa vida. Podemos decir que unha obra de acción na que as redes sociais son tamén protagonistas destacadas. 

Noraboa Fernando e agardamos a túa próxima obra.


 
Os integrantes do CL Pintor de Castinande asistiron  á presentación da novela, e ao seu remate houbo  firma de exemplares por parte do autor. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán