Ir al contenido principal

Exposición de fotografía : IMAXES DO FOLIÓN DE CARROS


 A Asociación Cultural Amigos do Folión trasladou esta semana a súa exposición á biblioteca pública de Sober, onde estará instalada os meses de decembro e xaneiro. Poderase visitar no horario habitual da biblioteca pública.

A exposición está composta por imaxes significativas da celebración e por maquetas dos carros alegóricos vencedores do Folión nos anos 2017, 2018 e 2019. As imaxes que podemos ver na exposición amosan a esencia da festa : animais, expresións das persoas participantes, oficios e apeiros tradicionais desaparecidos, axuda mutua propia da festa e algúns outros detalles particulares desta celebración. As maquetas recrean os carros alegóricos "Un día de laboura na Casa do Cura "(2017), "Os ferradores" (2019), "A chocolatería da Señora Sabina" ( 2019) e "As lembranzas do meu avó Basilio como alambiqueiro" ( 2019).

A Asociación Cultural Amigos do Folión e a Biblioteca pública de Sober organizarán o longo do mes de xaneiro diferentes actividades e visitas guiadas á exposición. Esta exposición pretende ser unha homenaxe á cultura tradicional e un recoñecemento a todas as persoas que salvagardan diferentes manifestacións culturais que aínda sobreviven.




Moitas GRAZAS a Xavier Viana 
e aos integrantes da Asociación por traer esta exposición á biblioteca de Sober.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán