Ir al contenido principal

CL- Azucre, de Bibiana Candia


 Para o mes de febreiro a lectura escollida no noso CL foi esta novela de Bibiana Candia ( A Coruña, 1977 ) .

Azucre é un relato novelado da auténtica historia de mil setecentos mozos que viaxaron a Cuba para traballar e terminaron vendidos como escravos. 

Esta acción foi realizada por Urbano Feijóo de Sotomayor, un galego afincado na illa que, aproveitando a situación de necesidade dos seus compatriotas, promoveu unha campaña de colonización branca e substitución da man de obra levada desde África.

En Galicia, ano 1853, un inverno chuvioso destroza colleitas e unha epidemia de cólera fai estragos entre a poboación. Orestes, O Tísico, o Rañeta, O Comido, e moitos outros mozos, desexan un futuro mellor para as súas familias, deciden abandonar os seus fogares e partir  rumbo a Cuba, para traballar nas plantacións da cana de azucre. Esa viaxe tenlle reservados moitos calvarios no seu destino e que conoceremos polas  cartas que os protagonistas da historia conseguen facer chegar as súas familias, denunciando así a situacións tan terribles que están a pasar. 

Esta é a primeira novela de Bibiana Candia, autora de poemarios e colaboradora habitual de xornais. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán