O CL Pintor de Castinande visitou Allariz o día 25 de abril, có fin de celebrar o Día do Libro. Coma todos os anos visitamos a casa dalgún autor galego, que destacou có seu traballo polo noso idioma. Este ano coñecemos un pouco máis a Vicente Risco ( 1884-1963 ) grazas á labor da Fundación que leva o seu nome e que se atopa no concello de Allariz (Ourense ). En primeiro lugar tivemos unha visita guiada pola vila, acompañados de Juan, historiador do Concello, que nos falou das orixes do seu pobo e nos amosou as construccións máis interesantes : igrexas, construccións civís...que enchen este fermoso lugar do sur da provincia de Ourense. Na visita á Fundación Vicente Risco estivemos acompañados por Antonio Blanco Rodríguez, vicepresidente da entidade . Esta Fundación ocupa a casa familiar do autor e aquí atopamos o fondo documental de Vicente e Antón Risco. A demáis desenvólvense iniciativas culturais de diversa índole : ciclos de música, recita...