Ir al contenido principal

CL infantil Viaxando polas Letras

 

No mes de abril a lectura no  CL do  Colexio de Sober foi este cómic de Aldara Álvarez García "Anémona de Río":

Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba.


Este libro obtivo o 1ª premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, escola de Banda Deseñada  e Ilustración de Pontevedra, dirixida por Kiko da Silva.

Os nenos e nenas que compoñen este club de lectura  destacaron do cómic as ilustracións , que recordan aos mangas, e tamén a temática, que nos introduce no funcionamento do corpo humán no momento que nos administran unha vacina. Os lectores falaron da gran imaxinación da autora do libro e do seu bo facer en acto aos debuxos. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán