Ir al contenido principal

O Raposo Rufo : Ler Conta Moito


 O programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración cós concellos, trae á biblioteca de Sober o contacontos - obradoiro  : 

REDUCE, REUTILIZA E RECICLA CÓ RAPOSO RUFO , actividade para concienciar sobre a responsabilidade persoal e colectiva de manter limpo o noso planeta.

 Os nenos e as nenas participantes no campamento de verán "Coñece o teu concello", aprenderon  como separar o lixo e a importancia de faceloe darlle unha segunda vida a obxectos cotiás. 

Tiveron como  apoio o libro "O Raposo Rufo e o coidado do medio", de Iria Iglesias e Dani Viétez, de Estudio Gnomo, que realizaron este contacontos-obradoiro o xoves 6 de xullo. Como remate desta actividade  fixeron un monicreque con material de refugallo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán