Ir al contenido principal

CL infantil Viaxando Polas Letras

 

Un novo curso a BPM de Sober colabora no CL Infantil do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. 
Un CL formado por nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e coordinado pola profesora encargada da biblioteca escolar, Flora GrandeRodríguez.

A primeira lectura escollida para este curso foi "Mitos e lendas da Ribeira Sacra", de Dani Viétez e Iria Iglesias.

Os autores deste libro son  tamén son ilustradores coa súa propia marca : 
Realizaron un libro con 13 lendas da nosa comarca, con nomes como : "As xacias", Papeiros e Rabudos", A serpe de Vilaescura"...nas que recollen parte das lendas populares novelando e engadindo algún elemento. 

No blog da biblioteca escolar vemos como foron as diferentes sesións do CL. 

Vémonos no ano 2024 con outros temas e moitas historias novas. 

Comentarios