A volta das vacacións de nadal, o CL retoma as reunións dos martes coa lectura e comentarios sobre a novela "Retrato de casada, de Maggie O'Farrell. A autora toma unha figura histórica pouco coñecida, Lucrezia de Médici, e imaxina a súa historia desde a perspectiva dunha nena que non chegou a cumprir 16 anos, pois morreu de tuberculose. O libro comeza cun momento dramático, no que a parella formada por Lucrecia e o Duque de Ferrara , xa casados, se traslada a unha fortaleza afastada da corte onde Lucrezia ten a certeza de que o seu marido vai asasinala. A trama do libro da un salto atrás e lévanos ao momento da xestación da protagonista,para ir relatando a súa infancia xunto a súa familia, o seu pai, o poderoso Cosme de Médici, e a sua nai a española Leonor Álvarez de Toledo , filla do Virrei de Nápoles. Unha estupenda recreación ficcionada da vida de Lucrezia de Médici na Italia de mediados do século XVI. A autora Maggie O'Farrel é unha esc...