Ir al contenido principal

CL-Retrato de casada

 

A volta das vacacións de nadal, o CL retoma as reunións dos martes coa lectura e comentarios sobre a novela "Retrato de casada, de Maggie O'Farrell. 


A autora toma unha figura histórica pouco coñecida, Lucrezia de Médici, e imaxina a súa historia desde a perspectiva dunha nena que non chegou a cumprir 16 anos, pois morreu de tuberculose. 

O libro comeza cun momento dramático, no que a parella formada por Lucrecia e o Duque de Ferrara, xa casados, se traslada a unha fortaleza  afastada da corte onde Lucrezia ten a certeza de que o seu marido vai asasinala. 

A trama do libro da un salto atrás e lévanos ao momento da xestación da protagonista,para ir relatando a súa infancia xunto a súa familia, o seu pai, o poderoso Cosme de Médici, e a sua nai a española Leonor Álvarez de Toledo , filla do Virrei de Nápoles. 

Unha estupenda recreación ficcionada da vida de Lucrezia de Médici na Italia de mediados do século XVI.

A autora Maggie O'Farrel é unha escritora británica natural de Irlanda do Norte. Destacamos da súa obra un libro de Memorias, que trata de experiencias persoais cercanas á morte, e tamén a novela Hamnet, que narra a vida da familia de Shakespeare. "Retrato de casada" , publicado no ano 2022 é a segunda novela.






Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán