Ir al contenido principal

CL- Carta de una desconocida

 

A sexta lectura deste curso é "Carta de una desconocida" de Stefan Zweig, novela que xa foi lida no noso cl .

No ano 2012 tivo moi boa acollida , e pedíronnos repetir a lectura desta pequena pero intensa historia. 



"Solo quiero hablar contigo, decírtelo todo por primera vez...Una vida que fue siempre la tuya desde la primera hasta la última hora". Así comeza o libro de STEFAN ZWEIG , no que ao longo das páxinas descubrimos a confesión dunha muller profundamente namorada dun escritor que a ignora. A autora da carta, que da nome ao título, namórase do protagonista cando só era unha moza ; pasaron os anos e o amor fíxose incondicional, ,máis non correspondido.

É un libro romántico, un monólogo que fala das desigualdades no amor. O tema central é o amor sen límites, case sen lóxica. Un amor solitario e secreto. 

Stefan Zweig (Viena, Austria-Hungría; 28 de novembro de 1881-Petrópolis, Brasil; 22 de febreiro de 1942) foi un escritor, biógrafo e activista social austríaco, posteriormente nacionalizado británico, na primeira metade do século xx. As súas obras estiveron entre as primeiras que protestaron contra a intervención de Alemaña na Primeira Guerra Mundial e foi moi popular entre as décadas de 1920 e 1930. Escribiu novelas, relatos e biografías. Destas últimas, son particularmente coñecidas as de María Estuardo e Fouché, unha obra metade biografía e metade novela histórica. Outra das súas biografías, a dedicada a María Antonieta, foi adaptada ao cinema co mesmo título en 1938.​





Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro