Ir al contenido principal

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

CL-Como nacen as cancións

O  CL Pintor de Castinande estrea unha actividade grazas a estupenda proposta que nos fixo  MONCHA PRIETO.  Unha vez ao mes adicaremos un ratiño  do noso encontro semanal para  coñecer a orixe de cancións populares, que moitas veces non sabemos de onde proceden senda a maioría obra dos nosos autores. E , por suposto, tamén escoitaremos a música e as cancións.  A primeira en escoitar foi LELA : É un poema escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao , para a obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse" que se estreou en Santiago o 25 de maio de 1961 , na Praza da Quintana : Están as nubes chorando por un amor que morréu están as rúas molladas de tanto como chovéu. Lela, Lela,  Leliña por quen eu morro quero mirarme nas meniñas dos teus ollos. Non me deixes e ten compasión de min. Sen tí non podo,  sen tí non podo vivir. Dame alento cas túas palabras, dame celme do teu corazón, dame lume cas túas miradas dame vida c