Ir al contenido principal

Lecturas no Campamento de verán. 2

Esta semana durante a  visita dos nen@s á biblioteca  lemos un kamishibai, unha forma de contar historias dun xeito diferente e que ten a súa orixe en Japón. 

Daniela Kulot, autora de Unha gran sorpresa, narra as aventuras de Crocodilo e Xirafa, que atravesarán o campo, cruzarán montañas e vales, e percorrerán toda a cidade seguindo o rastro dunha misteriosa corda vermella. 





O conto fora coloreado  polos nen@s das Merendas con Contos no mes de xaneiro, e foi unha oportunidade de amosar o traballo realizado  aos seus compañeiros de campamento. 



Posteriormente realizouse un obradoiro de debuxo con acuarelas,  onde plasmaron as súas aventuras favoritas da  historia.

O conto desta semana reflicte o protagonismo da infancia nun fogar onde os afectos e as emocións están por encima dos agasallos materiais, cunha proposta estética que se centra no colorido das escenas e a expresividade dos personaxes e que reforza o dinamismo do relato.



Aproveitamos esta mañá para proseguir coa proposta do xogo "Comida saudable", onde  nenos e nenas marcan a puntuación correspondente en función da merenda que leven para a media mañá ;  unha estratexia educativa en colaboración coa Asociación do cáncer de Monforte de Lemos, promovendo hábitos saudables de nutrición e saúde. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán