Ir al contenido principal

Lecturas no Campamento de verán. 1

 

No campamento de verán organizado polo Concello de Sober, a biblioteca recibe os xoves  a visita dos nenos e nenas participantes nesta actividade.

Durante a  mañá lemos  o conto elexido para esta xornada e posteriormente  temos un obradoiro : realizaron un pequeno libro -resumen da historia que escoitaron contar aos nenos máis maiores do grupo. 



O primeira historia deste verán foi  :"Cando o sol marcha", escrito e ilustrado por, Alicia Acosta e Mar Ferrero. : O sol marcha polo horizonte. Agóchase, ledo, por detrás dos montes. Familias diversas regresan ás súas casas ao rematar o día. 



Os traballos realizados quedan expostos nun mural na entrada da biblioteca. Noraboa a tod@s. 


Aproveitamos a mañá na biblioteca para  buscar as novidades que chegan á biblioteca este verán e renovar os  préstamos ata a próxima semana. 

Comentarios