Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2024

Lecturas no Campamento de verán. 4

As lecturas desta semana están relacionadas có deporte, un tema de actualidade grazas aos Xogos Olímpicos  que se celebran este ano en París. "Martina futbolista", de Susanna Isern e Marta Moreno  é un conto que fala de fútbol, máis tamén de compañerismo e da educación en igualdade. .Martina, a protagonista, crea un equipo igualitario e diverso, onde todos os nenos e nenas  xogan e compiten sen esquecer a diversión.   "Os Bolechas queren saber...como son so xogos olímpicos e paralímpicos de verán", de Pepe Carreiro, é un conto para primeiros lectores que aborda diferentes aspectos das olimpiadas , narradas polos protagonistas da serie Os Bolechas : Carlos , Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa.  Como remate da mañá tivemos un invitado :   o contador Anxo Moure coa súa ciclo biblioteca cargada de contos, poemas , historias e lendas.