Ir al contenido principal

Lecturas no Campamento de verán. 4


As lecturas desta semana están relacionadas có deporte, un tema de actualidade grazas aos Xogos Olímpicos  que se celebran este ano en París.

"Martina futbolista", de Susanna Isern e Marta Moreno é un conto que fala de fútbol, máis tamén de compañerismo e da educación en igualdade.
.Martina, a protagonista, crea un equipo igualitario e diverso, onde todos os nenos e nenas  xogan e compiten sen esquecer a diversión. 


 "Os Bolechas queren saber...como son so xogos olímpicos e paralímpicos de verán", de Pepe Carreiro, é un conto para primeiros lectores que aborda diferentes aspectos das olimpiadas , narradas polos protagonistas da serie Os Bolechas : Carlos , Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa. 

Como remate da mañá tivemos un invitado :   o contador Anxo Moure coa súa ciclobiblioteca cargada de contos, poemas , historias e lendas. 

 



Comentarios