Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

Certames de Nadal 2024

 

Encontro có autor : José María Lago Bornstein

 O sábado día 30 ás 12:00h. na bpm José María Lago, investigador local, presenta os seus novos traballos de investigación sobre a historia do noso Concello.

Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

A biblioteca contribúe á denuncia da violencia contra as mulleres coa realización de obradoiros baixo o título  : AS VERBAS AMABLES, nos que os usuarios e usuarias de distintas idades deixan xestos e palabras que consideran amables e que celebran a amizade e a solidariedade.  25 de novembro de 2024

Premio de Animación á Lectura María Moliner

  A biblioteca foi premiada, un ano máis , no Certame de proxectos de Animación á Lectura María  Moliner 2024 : Sober coa lectura engloba as actividades que se realizan na biblioteca dirixidas aos usuarios de todas as idades. Moitas grazas a todos os que facedes posible este recoñecemento para a nosa biblioteca. Neste enlace temos a resolución do Concurso de proxectos en municipios de menos de 50.000 hab.: https://www.cultura.gob.es/dam/jcr:720fcc53-c893-491f-a91b-b36bf8a0460d/report-concesi-n-mar-a-moliner-2024.pdf

Mañá na biblioteca

 

Merendas con contos-Novembro

 

CL-La retornada

 A primeira lectura deste novo curso do CL nos introduce nunha historia cautivadora, a novela   La retornada, de Donatella Di Pietrantonio.   P ublicada no ano 2018, trátase dunha novela contemporánea, que nos relata a viaxe dunha adolescente obligada a regresar coa súa familia biolóxica, abandonar o seu fogar no que viviu  ata ese momento, enfrentándose así a un mundo descoñecido.  O relato comeza coa protagonista levando unha maleta e unha bolsa de zapatos, chamando á porta da súa nova casa. Neste novo fogar, atópase cunha realidade completamente diferenteá que estaba afeita. A casa é pequena e escura, hai pouco que comer e os irmáns parecen estar por todas partes.  A pesar das dificultades , a protagonista atopa en Adriana, a súa irmá pequena, un apoio incondicional, unha compañeira que lle axudará a descubrir e a enfrontarse a este novo fogar. A autora : Donatella Di Pietrantonio nace na zona dos Abruzos en Italia. Escribe contos e poemas dende nena. A...

CL- Visita o Colexio da Nosa Señora da Antigua

  Entre as actividades programadas no mes de outubro, para celebrar o Día da Biblioteca, as integrantes do CL da biblioteca visitou o  Colexio da Nosa Señora da Antigua de Monforte de Lemos.  Neste colexio P.P. Escolapios coñeceron o claustro, a igrexa e a pinacoteca. Admiraron o retablo barroco de Francisco de Moure, o San Lorenzo e San Francisco do Greco así como a escaleira monumental e a fermosa fachada. Estas visitas culturais favorecen o coñecemento do patrimonio máis cercano, o da nosa comarca.