Ir al contenido principal

CL-La retornada

 A primeira lectura deste novo curso do CL nos introduce nunha historia cautivadora, a novela

  La retornada, de Donatella Di Pietrantonio.


 Publicada no ano 2018, trátase dunha novela contemporánea, que nos relata a viaxe dunha adolescente obligada a regresar coa súa familia biolóxica, abandonar o seu fogar no que viviu  ata ese momento, enfrentándose así a un mundo descoñecido. 

O relato comeza coa protagonista levando unha maleta e unha bolsa de zapatos, chamando á porta da súa nova casa. Neste novo fogar, atópase cunha realidade completamente diferenteá que estaba afeita. A casa é pequena e escura, hai pouco que comer e os irmáns parecen estar por todas partes. 

A pesar das dificultades , a protagonista atopa en Adriana, a súa irmá pequena, un apoio incondicional, unha compañeira que lle axudará a descubrir e a enfrontarse a este novo fogar.

A autora : Donatella Di Pietrantonio nace na zona dos Abruzos en Italia. Escribe contos e poemas dende nena. A súa primeira novela publícase no ano 2011, senda La retornada, a terceira obra que se edita, conseguindo o Premio Napoli no ano 2017.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán