Ir al contenido principal

CL- La biblia envenenada , de Barbara Kingsolver

 

A mediados do mes de decembro entregamos a nova lectura deste curso :

Trátase de La biblia envenenada unha novela escrita por Barbara Kingsolver no ano 2019, que nos mergulla na historia da familia Price e a súa chegada ao Congo en 1959.

Penetramos nun relato cheo de aventuras, traxedias e loitas pola supervivencia nun continente descoñecido.

Esta escritora norteamericana, autora dunha obra non moi extensa, descríbenos nesta novela o sufrimento de cinco mulleres : Orleanna Price, a nai, e as súas catro fillas : a moza Raquel, as xemelgas Leah e Adah e a pequena Ruth May.

Ao longo da historia, Orleanna mostra unha valentía e determinación inquebrantables para protexer ás súas fillas, que foron arrastradas polo seu marido, un pastor baptista, a deixar a súa vida nos Estados Unidos, e trasladarse ao Congo.

A nai coas súas fillas enfróntase aos desafíos dunha natureza desbordante, mentres o seu esposo obsesiónase con evanxelizar á poboación local.

A novela aborda temas profundos como a colonización, a relixión, a familia a identidade e a loita pola supervivencia.

Foi una lectura que non decepcionou e provocou un debate moi rico no noso CL.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán