Ir al contenido principal

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 1

No campamento de verán organizado polo Concello de Sober, a biblioteca recibe os mércores a visita dos nenos e nenas participantes.

Nesta primeira semana selecionamos como lectura o título Yo primero da escritora Míriam Tirado e o ilustrador Joan Turu, editado por Carambuco.

Trátase dun conto infantil ilustrado con valores co que se busca acompañar ás e aos máis pequenos na xestión da frustación, o desenvolvemento da autoestima e a aprendizaxe emocional.

Reflexionamos: é necesario competir por todo? Non, o máis importante é respectar e valorar o esforzo de cada persoa.

Despois da lectura presentamos as novidades editorias para o verán que se poden levar en préstamo para a casa.





Comentarios