Ir al contenido principal

CL- La villa de las telas

 

Durante o mes de outubro a lectura levou aos integrantes do club ata Alemaña, para coñecer como era a vida social, familiar e industrial na Alemaña anterior á 1ª G.M.

O relato comeza no outono de 1913 e céntrase na vida dunha familia industrial da cidade de Augsburgo, na que o patriarca Sr. Melzer é propietario dunha fábrica de confección téxtil.

A vila na que se desenvolve a súa vida e tamén a novela está chea de intrigas entre os membros da familia e tamén dos numerosos criados e criadas que asisten cada día os avatares da casona dos Melzer.

Esta novela é a primeira dunha serie escrita por ANNE JACOBS, escritora alemana da Baixa Sajonia, con gran éxito de ventas e traducida a distintas linguas.

A lectura foi moi satisfactoria para a maioría das integrantes do CL, provocando conversas interesantes ao longo das reunións realizadas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán