23 de abril O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro ) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril . A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura , a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor . Nesta data morre Cervantes , Shakespeare ,o Inca Garcilaso de la Vega e outros ilustres escritores. Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo". (Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril ...