Ir al contenido principal

Entradas

Efemérides : EMILIA PARDO BAZÁN

     O día 16 de setembro do ano 1851 nace na Coruña, Emilia Pardo Bazán , escritora, xornalista e corresponsal. Na biblioteca atopamos estas obras : "LOS PAZOS DE ULLOA" "  LA EDUCACIÓN DEL HOMBRE   Y LA MUJER" "LA DAMA JOVEN" "MEMORIAS DE UN SOLTERÓN"                                       

Efemérides : CARMEN LAFORET

                Carmen Laforet  nace en Barcelona  nun día 6 de setembro de 1921. En 1944 publica  NADA,  novela gañadora  da primeira edición  dos premios Nadal A biblioteca celebra esta efemérides invitándovos a compartir con nós a lectura de NADA , da que vos deixamos un adianto : Fragmentos Nada  (Primera parte. Capítulo I ) Por dificultades en el último momento para  adquirir billetes, llegué a Barcelona a medianoche, en un tren distinto del que había anunciado, y no me esperaba nadie. Era la primera vez que viajaba sola, pero no estaba asustada; por el contrario, me parecía una aventura agradable y excitante aquella profunda libertad en la noche. La sangre, después del viaje largo y cansado, me empezaba a circular en las piernas entumecidas y con una sonrisa de asombro miraba la gran Estación de Francia y los grupos que estaban esperando el expreso y los que l...

Formación de usuarios : señalización

A formación de usuarios forma parte da tarea informativa, educadora e alfabetizadora das bibliotecas públicas.  Para adquirir soltura no uso da biblioteca e que sexa máis doada a localización de información, presentamos unha nova señalización , que podedes observar no enlace inferior :  Aportamos a definición  de   Cencerrado Malmierca sobre qué é formación de usuarios : “Una actitud permanente, con la que la biblioteca busca crear situaciones de  comunicación con el usuario, con el objeto de informar y educar en el uso óptimo de los  recursos que ofrece y conseguir así un mayor aprovechamiento de sus servicios y unos  usuarios informados y críticos”. 

Horario outono -inverno

Dende o día 1 de setembro novo horario da biblioteca : 11:00h / 13:00h. de martes a sábado 16:00h. / 20:00h. de luns a venres.

Palabras para Amalita

Para Amalita (Compoñente do Club de Lectura Pintor de Castinande) in memoriam Agroman polas fragas do recordo Memorias dos momentos compartidos Anda o tempo tecendo tecendo Longas noites do nunca esquecido.. Imaxinarte é revivir o onte Traerte connosco, vestirte de hoxe. Amiga, recordarte é vencer ó olvido.   ( MONCHA PRIETO )

Irene en centroamérica : contacontos

Contacontos de Solidaridade Internacional dentro do programa de animación á lectura   LER CONTA MOITO  , cofinanciado pola Consellería de  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  e o Concello de Sober. Será este xoves , 24 de xullo , ás 18h . nas piscinas muinicipais .

Bibliopiscina : a lectura no tempo de lecer

Este verán , de novo, podemos disfrutar das lecturas nas piscinas de Sober, grazas ó servizo da BIBLIOPISCINA que acerca os libros da biblioteca municipal ata estas instalacións. Unha selección de libros  para todas as idades , que están a disposición dos bañistas , como unha oferta para o tempo de lece r e dentro da promoción do libro e da lectura que realiza o Concello de Sober a través da Biblioteca Pública . Para acceder a este servizo bibliotecario non cómpre ningún tipo de carné da Biblioteca senón que posúe un acceso libre e gratuíto , e tampouco supón custe adicional algún para as persoas que acceden ás Piscinas Municipais .