Ir al contenido principal

Entradas

Eu tamén son Rosalía

EL ABRECARTAS, de Vicente Molina Foix

No club de lectura Pintor de Castinande dos mércores, estamos inmersos nesta  lectura : O abrecartas iníciase coas cartas que un amigo de infancia escribe nos anos vinte a García Lorca   inspirador afastado dos seus anhelos e os seus sonos. A partir dese primeiro episodio dunha correspondencia quizais nunca correspondida, o lector seguirá o curso do que o propio Molina Foix   chama «novela en cartas», para  sinalar que non quixo sumarse ao ilustre xénero da narrativa epistolar senón facer un libro no que cada capítulo, en principio independente, acaba formando parte dun único argumento desenvolvido a través duns protagonistas que en lugar de falarse se escriben. O abrecartas foi galardoada cos premios nacional  de Literatura (Narrativa) e Salambó. O autor :  Vicente Molina Foix

DÍA DE ROSALÍA

HOMENAXE DOS NENOS E NENAS DE SOBER A ROSALÍA DE CASTRO

AS LINGUAS DO MUNDO

No   DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA ,  OS NENOS E NENAS QUE PARTICIPAN NOS OBRADOIROS    MERENDAS CON CONTOS ELABORARON ESTE CARTEL ONDE APARECEN  MOITAS DAS LINGUAS FALADAS NO  PLANETA http://www.un.org/es/events/motherlanguageday/

Día Internacional da Lingua Materna

     O día 21 de febreiro foi declarado pola UNESCO   DÍA INTERNACIONAL DA  LINGUA MATERNA  :  para celebrar a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta. Promove a transmisión xeneracional dos idiomas locais, e a pluralidade lingüística e cultural da humanidade.  Coas actividades das   MERENDAS CON CONTOS ,  a Biblioteca de Sober ,  únese  a esta celebración  e o venres 20 : teremos un   obradoiro adicado  ás  Linguas do Mundo     Ás  17:30h.  na  BIBLIOTECA DO CONCELLO DE SOBER

Novidades en febreiro

                                                                               NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS Ficción : EL SECRETO DEL ALMIRANTE Novela da monfortina Margarita Rodríguez Otero que aparece ahora traducida ó castelán. e na que se defende a tese da orixe galega do almirante, Cristóbal Colón. Os defensores desta teoría traballan con documentos dos séculos XV e XVI que confirman a existencia das familias De Colón e Fonterosa en Pontevedra. Cartas, aforamentos, escrituras de propiedade... son algúns dos documentos que empregan aqueles que están convencidos de que Cristóbal Colón é pontevedrés e non xenovés.                                              ...

El blog del inquisidor , de Lorenzo Silva

O club de lectura adéntrase nesta novela na que unha  historiadora encóntrase na web un blog que lle chama a atención  :  Caderno  do inquisidor  . Ela centrou a súa tese doutoral no estudo do Tribunal do Santo Oficio na España do século XVII, polo que o apelativo do inquisidor  esperta deseguida o seu interese. O diario dixital deste Inquisidor reflicte un home atormentado que relata que tivo parte nuns polémicos sucesos acontecidos nun convento español no século XVII, cando se acusa as monxas e o abade de herexía . El é o encargado dos interrogatorios aos acusados. Pero, quen hai detrás deste inquisidor que colga a súa bitácora na rede? Que significa este diario?  LORENZO SILVA   Será este escritor o  que nos acompañe nas próximas semanas, en esta novela que nos introduce nun proceso da Inquisición contra as monxas benedictinas do C onvento da Encarnación de Madrid e en especial a súa priora Teresa Valle de la Cerda ,...