Ir al contenido principal

Entradas

NOVIDADES LECTORAS NA PRIMAVERA

NOVIDADES NO FONDO INFANTIL XUVENIL NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

  MERENDAS CON CONTOS DO VENRES 27 DE MARZO  Celebramos o Día Mundial do teatro cunha selección de lecturas  da biblioteca e cun obradoiro de debuxo adicado ó dramaturgo  Ramón María del   Valle Inclán . Nesta tarde un grupo de nenas e nenos leron unha obriña de Jacobo Paz titulada : Príncipe lagarto

Exposición : O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS PRESENTADOS AO  I CERTAME DE DEBUXO INFANTIL FEIRA DO VIÑO DE AMANDI do 27 ó 10 de abril Sala de Exposicións Centro Sociocultural de Sober Alumnos de 5º de primaria do CEIP Monte Baliño de Castro, Pantón. Visita á exposición dos alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober  Os escolares participantes no certame posan cós  agasallos recibidos acompañados polos mestres e polo alcalde de Sober. NORABOA A ESTES GRANDES DEBUXANTES E GRAZAS POR PARTICIPAR.

XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

ESTA FIN DE SEMANA TEN LUGAR ESTA FEIRA NO NOSO CONCELLO QUE CHEGA XA   A XXXV EDICIÓN . AQUÍ  DEIXAMOS O PROGRAMA DESTA FEIRA ,DECLARADA FESTA DE INTERESE TRURÍSTICO, COAS ACTIVIDADES PREVISTAS  NAS QUE  PODEDES PARTICIPAR E  ASÍ COÑECER A EXPLÉNDIDA NATUREZA   QUE TEMOS NA RIBEIRA SACRA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

SELECCIÓN DE LIBROS DE POESÍA   da biblioteca de Sober. O 21 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA .  Na biblioteca fixemos unha selección de libros de poemas que podes ler  nesta primavera que acabamos de estrear.  FELIZ DÍA DA POESÍA   Mensaxe da Directora da Unesco:          http://www.un.org/es/events/poetryday/ Guiada  da man dun soño a primavera chegou. ¡E tódalas anduriñas no ceo azul convocou¡ Todo é voar e voar e andar daquí pra  alá. ¡Todo nun ir nun vir dende aquí deica acolá¡ ¡Voan pra riba, pra baixo¡ ¡Van ó alto, van ó fondo¡ ¡Voan en liña seguida, en picado e en redondo¡ Anduriñas en concello,  sobre dun poste pousadas. ¡Que de palabras secretas e razós apaixoadas...¡ ANDURIÑAS , de Os soños na gaiola : MANUEL MARÍA

MANUEL MARÍA e a BANDA DE SOBER

Nas MERENDAS CON CONTOS  do venres 13 de marzo fixemos un obradoiro adicado ao  DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA , que se celebra  o día  21 de marzo á proposta da  Unesco . Os participantes elaboraron un cartel   có soneto  á   BANDA DE MÚSICA DE SOBER que o escritor chairego  MANUEL MARÍA   adicou   a esta formación musical  co gallo do seu 125 aniversario.

O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA

Traballo gañador do I C ertame de debuxo infantil  Feira do viño de Amandi  Parabéns a autora  ,  LISBETH SÁNCHEZ DÍAZ ,    de 11 anos de idade ,  e alumna do C.E.I.P.  Virxe do Carme de Sober. O Concello de Sober empregará este debuxo para imprimir  adhesivos cós que agasallará aos visitantes da Feira que se  celebra o 28 e 29 de marzo .