Ir al contenido principal

Entradas

Novidades para adultos : autores galegos

Setembro é un mes estupendo para  elexir unha lectura entre as novas publicacións dos autores galegos que están na biblioteca listas para o préstamo.

Cl Pintor de Castinande

O Club de Lectura  da Biblioteca de Sober comeza unha nova tempada, e xa son nove, o día 21 de setembro . Reunímonos todos os mércores ás 7 da tarde .  A nosa primeira lectura :   "Una pasión rusa"                                            de Reyes Monforte. O cl é unha actividade máis que ofrece a biblioteca cun obxectivo fundamental que é o fomento da lectura , que xunto coas presentacións de libros , recitais, exposicións de libros  ou lecturas literarias, están destinadas a un público adulto . 

No fondo infantil : Ola-adeus : libro interactivo. Novidades

Unha cousa e a súa contraria atópanse en cada imaxe. Para ver aparecer a noite e despois o día , o verán e despois o inverno , só é preciso ollar a imaxe, unha vez a través do filtro azul e outra vez a través do filtro vermello .   Tendo como modelo unha balea , gran cetáceo, os enxeñeiros  FERNÁNDEZ &GONZÁLEZ  deseñaron un novo sistema residencial e de transporte marítimo, grande artefacto - libro   que xa temos na biblioteca. 

Novidades no fondo infantil

Efemérides

  EDUARDO GALEANO   (Montevideo, 3 de setembro de 1940-13 de abril de 2015) Na biblioteca de Sober podemos disfrutar  dunha destas historias , : 

Voltamos no horario habitual

Dende o xoves 1 de setembro a biblioteca volta o seu horario habitual : de martes a venres : de 11 a 13 horas                                     de 16 a 20 horas. luns : de 16 a 20 horas. sábado : de 11 a 13 horas

O GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS

As piscinas municipais acolleron a tarde do 28 de xullo  o Gran Xogo das Letras Galegas , unha actividade para nenos e nenas a partir de seis anos organizada polo Programa de Animación á lectura  Ler conta moito  para  a Rede de Bibliotecas de Galicia , que foi realizada polo grupo Eduvía (Vías para a Educación ).   A través deste divertido xogo por equipos, os participantes coñeceron algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas , así como dos autores homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubriron interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María .