Ir al contenido principal

Entradas

Novidades na biblioteca de Sober

Novidades no fondo infantil-xuvenil

Este conto achega aos nenos  a historia de Alonso Quijano , narrando a súa infancia, cómo era a súa escola, onde vivía...  Recreación da nenez do personaxe creado por Miguel  de Cervantes,  Para ler e disfrutar toda a familia,en préstamo  xa na biblioteca  😊 Trátase dunha recopilación de relatos inquietantes.   Para os amantes dos contos fantásticos.

CL-Tú no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff

O club de lectura da biblioteca comezou o ano 2017 coa lectura de TÚ NO ERES COMO OTRAS MADRES .  Esta é a historia de Else Kirschner, xudía alemá nada en Berlín  a comezos do pasado século.  Trátase dunha  biografía que está escrita pola súa filla pequena Angelika Schrobsdorff. Dende que comeza a novela dámonos conta de que Else é unha muller singular e que destaca dende meniña na sociedade na que se desenvolve. Son os "felices anos 20 "do século pasado, e Berlín é unha cidade chea de liberdades ;  as vangardas artísticas atraen a esta muller que levará unha existencia fóra das normas e barreiras propias da sociedade que a rodea. O futuro chega sen darse conta  tanto para Else coma para as persoas que a rodean. Sufrirán, coma tantos outros, os horrores do holocausto e a Segunda Guerra mundial.  A autora  Angelika Schrobsdorff , nace o 24 de decembro de 1927, en Friburgo, Alemania, e faleceu o 31 de xullo de 2016 en Be...

Merendas con Contos en febreiro

Exposición de debuxos : VENME CON CONTOS

Ata mediados do mes de febereiro teremos a opurtunidade de disfrutar  na biblioteca de Sober , dos debuxos realizados por ESTEFANÍA PADULLÉS   baixo o título :  " VENME CON CONTOS   " Está  composta por unha ducia de obras, ilustracións en acrílico e lapiz de color sobre fábulas e contos tradicionais entre os que se atopan :  A CARAPUCHIÑA VERMELLA ALADINO AS FABAS MÁXICAS A CINCENTA O GATO E O CASCABEL

Novidades na biblioteca para mozos

NOVIDADES NO CATÁLOGO

UN ESTUPENDO LIBRO PARA OS CATIVOS DA CASA     Pode contarse un conto só con formas e cores ?  Como comenta a propia editora  : Laura Gamero e Manu Canellón presentan nesta obra uno dos medos infantís máis habituais, a existencia dun MONSTRO que habita un recuncho escondido da casa, e a forma perfecta de enfrontarse a el. PILONGA E AMANITO : UNHA HISTORIA DE OUTONO    conto de DANI VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS, veciños de Pantón , que elaboraron a historia, ilustraron e tamén editaron este precioso conto sobre seres fantásticos, e que tamén nos fala das estacións do ano e as setas.