Ir al contenido principal

Entradas

Visitas ás adegas de Sober

Aquí deixamos un vídeo recordando as visitas que realizamos dende o ano 2015, cós nenos e nenas que participan nas Merendas con Contos . Fanse  durante o chamado Mes do Amandi, que son actividades previas a celebración da Feira do Viño de Sober ,  e que este ano non poderá ser, de momento!!! MOITOS E MOI BOS RECORDOS : 🎬🎬  https://youtu.be/0HedlTcfSlA 🎥🎥

Merendas con contos na casa

As Merendas con contos na casa para o venres 27 de marzo están relacionadas coa celebración do DÍA MUNDIAL DO TEATRO   Se celebra: 27 de marzo de 2020 Proclama: Instituto Internacional del Teatro (ITI) Dende cando se celebra :1961   👉 Na primeira parte das Merendas con Contos xogamos cunha aplicación para crear as vosas historias a través da tablet ou do móbil.   👉Despois podedes escoitar a Elmo e Clara :  https://youtu.be/e0pecj7ZCcQ 👉 O obradoiro que vos propoñemos para este día é a realización dun teatrillo cunha caixa de cartón e uns títeres con culleres. #quedamosnacasa  #celebramosodíadoteatro

CL-Como nacen as cancións

Nestes días de aillamento social a BPM de Sober intenta manter a dinámica habitual neste blog.  Esta é razón pola que hoxe imos coñecer a orixe dunha canción moi popular :   A Carolina.  É unha canción de orixe descoñecido, Galicia e Portugal reclámana para si. A letra parece inocente, pero non é tal, coma case sempre pasa nas cancións populares galegas : "As letras son para que cada quen interprete o que queira". Hai quen afirma que se fixo en honor a Carolina Otero, ( antes Agustina ) e logo convertida na Bella Otero. Tamén hai quen afirma que Carolina tiña unha saia cun lagarto bordado, ou non, quen o sabe ! Quizais foi todo imaxinado por quen escribira a letra. O certo é que a Carolina máis famosa da literatura galega foi a Bella Otero. Carolina naceu en Valga, no ano 1868, de nai solteira. O pai disque era un oficial da armada grega. cando só tiña dez anos foi brutalmente violada ata case causarlle a morte. Rompéronlle a pelve e producíronl...

CL-Recomendacións lectoras

Recordamos neste momento tan especial que estamos vivindo,  cando hai  xa case catro anos que o CL Pintor de Castinande tivo a oportunidade de ler a novela A flor de piel , de Javier Moro. Foi unha lectura importante, coma todas, máis nesta tivemos a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un  maior numero de vítimas, a viruela .     A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis ( o seu apelido da nome hoxe a operación contra o COVID-19  que se está  a realizar dende o goberno central de España) . Xunto a este médico destaca tamén a figura de Isabel Zendal , reitora da inclusa de A Coruña , e colaboradora fundamental na expansión da vacina da viruela polo mundo.   Facemos hoxe  tres recomendacións lectoras , rela...

# A hora do conto

 A BPM de Sober participa na   #horadoconto :  Un grupo de bibliotecarios municipais da Rede de Bibliotecas de Galicia programa a publicación dun conto en linea, que se poderá escoitar ou ler  nas distintas redes sociais das bibliotecas participantes mentras dure a situación de emerxencia sanitaria que padecemos. Algúns exemplos da semana pasada : 👉 http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil/222463_cigarra/?fbclid=IwAR3CA7i-Vwn5aHqxDiU03UxU9BcvOOnisjNwVsOxe2G04hOBKTok_sFjVfU 👉http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil/222463_cigarra/   👉http://kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=31 👉http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil/254154_sastrecillo/?fbclid=IwAR1famof4Wp026BYrCCP6KIFF0zRGk2_gBkhEirRuiVqTIqmh5_XFd5FlZg   Diferentes bibliotecas municipais de Galicia unímonos nesta iniciativa  para achegar os contos aos má...

Lectura dixital

 A plataforma GALICIA LE   :  préstamo de libros, revistas, audiolibros  e películas, en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, e un recurso interesante sempre e quizais máis nestes días nos que as bibliotecas estamos  pechadas.  Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca cando recolliches o teu carné de socio. Para as persoas que non sexan usuarios da nosa biblioteca ou de calquera da rede  e queiran  entrar , poderán  facelo a través deste enlace : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ , e aquí autorrexistrarse.  Podemos acceder asi aos recursos de GaliciaLe  (tanto en eBiblio Galicia como no Catálogo galego) https://www.galiciale.gal/#what  

Merendas con contos na casa

 Nas  Merendas con Contos temos para hoxe  unha proposta para os máis cativos , e para toda a familia👱👲👳👴👵👶  Debido á situación tan especial na que nos atopamos   estamos nas  🏡🏠🏡 casas  e desde alí imos intentar non frear o noso ritmo . Aquí vos presentamos un  xogo que ten que ver co Día Mundial da Poesía, que se celebra o día 21 de marzo e que iamos a festexar hoxe na biblioteca de Sober . Os nenos e nenas desta biblioteca xa coñecen a dinámica deste xogo :    👉 Só tedes que premer no enlace desde o voso ordenador, móbil ou tablet e comezar:     ⏳https://kahoot.it/…/ca850f25-dbc2-4286-88db-c71107c0793c_15… 👉A segunda tarea desta tarde ten que ver coa lectura. Estas son as  propostas para hoxe : E se aínda tedes forzas  :  Es un animal mamífero,  pero vuela, vuela, vuela,  tiene pechos,  duerme en los techos,  siempre duerm...